Xa dende moi nena, Laura amosou o seu bo facer para a música. Escomezou a súa vida artística de moi xove, cantando no coro da Igrexa do seu pobo. Aos dez anos saca o seu primeiro disco, que levaría por tíduo "Il sogni della Laura" (o sono de Laura). Logo, aos 14 anos, cando xa sabía decote toca-la frauta, escomezou a ir co seu pai, Fabrizio, que actualmente é o que se ocupa de tódolo referente ao clube de fans, a cantar por piano-bares. Nun deles coñeceu ao que sería nun futuro, o seu mánager. E de alí saíu o seu primeir grupo, que estaba composto por:

Producción Artística: ANGELO VALSIGLIO e MARCO MARATI

Arranxo: GIANNI SALVATORI
Co-arranxo pra "la solitudine": ANGELO VALSIGLIO

Técnicos de Son: GIANNI SALVATORI & SANDRO CHINELLATO

Batería e percusión: MASSIMO PACCIANI
Baixo: SEFANO ALLEGRA
Guitarra eléctrica: GIANNI SALVATORI
Guitarra acústica e jazz: RICCARDO GALARDINI
Pianoforte: ERIC BUFFAT
Coro: SILVIA MEZZNOTTE, CRISTINA MONTANARI, GIANNI SALVATORI, ERIC BUFFAT
Acc. Artística: ALFREDO CERRUTI

Foi con este equipo co que comezou a súa vida profesional. No verán do 1995, a Galiza enteira encheuse de xente (sobor todo, mozas), cantando a coro cancións coma a "La Soledad", "Se Fue"... Según unha enquisa persoal, o 87% dos que saen a rúa, coñecen a Laura Pausini. Destes, ao 79%, gústalles algo, moito ou moitísimo, cunha tendencia a moito elevada. Ao 5% dos enquisados, non lles gosta en especial, e ao 3%, pouco máis que lle da noxo. O resto non ten unha opinión precisa. No 1995 foi o seu boom. Todo o mundo a coñecía. Mais, o meu entender, Laura Pausini tivo un gran erro ao non promocionar nengún dos seus outros discos que tiña en Italiano. Isto fixo que a tomasen coma unha cantante novata, polo que a crítica non a tratou moi ben. É máis, no seu primeiro álbume, en Italiano, é onde se atopa a canción que, persoalmente, máis me gosta. Trátase de "Dove Sei" (onde estas). A Laura Manía, foise pouco a pouco esquecendo, deica deixar uns trazos sensíbeis nalgunhas emisoras locais. Estamos a falar do verán do 96. E xusto no intre no que se daba por olvidada a Laura, voltou cun grandísimo agasallo. Semanas antes, había xente que falaba dela coma unha persoa xa morta por sobredose, máis, iso non era certo en absoluto. Confirmouno o 16 de setembro do 96 cando lanzou en Milan o seu novo disco: "Las cosas que vives". Recheo de medramento profesional e persoal, cunha forza inusitada nela, ía se-lo disco revelación do ano. Chovéronlle discos de platino por todo o mundo, En España foi nomeada xunto con Gloria Estefan, a cantante internacional de meirande importancia, por riba das Spice putes ou coma se chamen. Esta foi a xente que acadou o éxito:

Producción Artística: ALFREDO CERRUTI e DADO PARISINI
Asesor Artístico da Versión Española: J. Carlos Sánchez

Arranxamento: DADO PARISINI
Co-Asesor da producción Executiva: ROBERTO WAGNER (Meringa S.R.L)

Técnicos de Son: GIANNI SALVATORI, SANDRO "TESTA" CHINELLATO, RENATO CANTELE, GIAMBA LIZZORI

Batería e percusión: MASSIMO PACCIANI, STEVE FERRONE
Bajo:NATHAN EAST, CESARE CHIODO
Guitarra eléctrica: GIANNI SALVATORI
Guitarra acústica e jazz: RICCARDO GALARDINI
Piano Acústico e Teclados: STEFANO BOLLANI, ERIC BUFFAT e GEOFF WESTLEY (en "Lo siento")
Coro: MANUELA CORTESE, PAOLA FOLLI, KATE HUMBLE, CAROLE COOK, NICK HLAND, MONICA REED, OLA ONABULE, ERIC BUFFAT, GIANNI SALVATORI, LEONARDO ABBATE, DADO PARISINI, CANI GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, JUAN PEDRO ALCALA, RICHELIEU MORRIS LEIRE, LUCA JURMAN, ALEX BARONI, MONICA MAGNAGHI
Guitarra Eléctrica/Acústica: ANDREA BRAIDO, RICCARDO GALARDINI, GIANNI SALVATORI, RICCARDO GALARDINI, GIANNI SALVATORI
Estes foron os xenios que acadaron o éxito no álbume que leva por tíduo "Le cose che vivi", o seu relativo en español, "Las Cosas que vives", e unha edición especial para nós, isto é, para a Galiza, Portugal e Brasil, "Tudo i que eu vivo". Namentres agardo a que me chegue a información sobor o novo álbume, deixo eiquí a historia da súa carreira.








Vida Persoal  |  Carreira  |  Curiosidades  |  Os discos  |  Letras  |  Wav files  |  Miscelánea  |  Links  |  Concertos  |  Últimas novas |  IRC |  Discusións |  I love LP |  Mensaxes |  Colaboracións |  LP Official |  As súas fotos |  Suxerídeme |  ¡Este son eu! |  Agradezo a... |