A súa vida... dende que naceu ata hoxe. Unha increíbel recopilación de tódolos seus feitos e bla, bla, bla...
A súa vida resúmese nos seus éxitos:
Primeiro disco. (Laura Pausini-Italiano I) Vendas: 2.000.000 (Gaña o festival de San Remo)
Segundo disco (Laura-Italiano) Vendas: 4.000.000 (Terceiro posto no "Big" de San Remo)
Terceiro disco (Laura Pausini-Español) Vendas: 2.400.000 (Máis da metade en España)
Cuarto disco (Las cosas que Vives/Le cose che vivi/Tudo o que eu vivo Vendas: Polo de agora 3.500.000
Totais: Máis de 10 millóns de copias vendidas, con 60 discos de platino

¿De que mellor maneira poderiamos escomeza-la súa vida? Dende logo, con estas cifras, non cabe dúbida de que nos atopamos ante o fenómeno musical italiano do século. Laura Pausini, unha rapaza nacida en Faenza, Italia, un húmido día de Maio, concretamente o 16, do ano que percorría: o 1974. Como adoita a pasar en tódalas voces máxicas que hai polo mundo, escomezou a amosa-las súas aptitudes musicais dende moi cedo. Aos 9 anos, os seus pais inscribíronna nun concurso sen que ela o soubera, concurso do que saíu gañadora. A esa temprana idade, díse dela, que tocaba a frauta. O seu pai, Fabrizio Pausini, estaba ao frente dun grupo musical, e é de alí de onde lle ven a "vena artística". Ela e mailo seu pai cantaban en piano-bares, e foi nun destes no que a descubríu o seu primeiro productor músical, ao que poderiamos chamar manipulador, xa que o único que buscaba dela era a súa fortuna. Para él, Laura era unha mina de ouro. A sua infancia pasou coma a dunha nena máis dun pobo calquera de Italia, no que cantaba no coro da Igrexa, e que a temprana idade de 11 anos, grabara un disco: "O soño de Laura", lóxicamente, en Italiano. Cando Angelo Valsiglio y Marco Maratti, os seus productores, a atoparon, entregáronlle unha canción. Unha canción coa que dende sempre, Laura se sentiu identificada. Esa canción era "Solitudine", a relativa á "La Soledad" en Español, da que tamén existe unha versión inglesa :"Loniless". Foi con esta canción coa que gañou o 23 de entroido do 1993 o festival de San Remo, na categoría de Novos talentos. Logo deste éxito en San Remo, Laura graba o seu primer álbum importante, chamado "Laura Pausini", íntegramente en Italiano. Neste Web Site poderá atopar a letra de tódalas cancións dese álbum, e, se os Autores e Editores mo permiten, tamén fragmentos de tódalas cancións. Deste primeiro álbum vendeu máis de dous millóns de copias. Porén, a crítica non a trataba ben. Disque as súas cancións eran dun amor, seica infantil de máis. Chegáronna a chamar "pato estúpido", xa que, por aqueles tempos, a Política non era o seu forte. Agora, o seu asesor artístico era Alfredo Cerruti, futuro mánger e noivo.

 No seu segundo álbum, que leva por tíduo "Laura", en Italiano tamén, as vendas víronse incrementadas nun 100%: Máis de catro millóns de copias en dous anos. Coa canción que se incluía nese CD, "Strani Amori" (amores extraños), acadou o terceiro posto na categoría "BIG", do Festival de San Remo. Máis, maila pesar de todo isto, os críticos seguían a rechaza-la. O seu terceiro álbum, que leva por tíduo "Laura Pausini", foi grabado en español no 1995. Vendéronse só en España preto de un millón duascentas mil copias. En total, as vendas deste disco superaron os dous millóns.

 Foi aquí onde chegou o despegue de Laura: Nese ano, no 1995, a crítica pasou a alabála, e a súa casa discográfica, a Warner Bros, considerouna coma PRIORIDADE A NIVEL MUNDIAL, sumándose á curta lista formada por ela, Phill Collins e Madonna. Adestora, Laura Pausini é considerada coma a número un en prioridade mundial pola súa compañía, superando a Madonna e a Phill Collins.

  Os seus primeiros discos venderon máis de oito millóns de copias en todo o mundo, e Laura acadou varios tíduos e premios:

 
  • O 4 de Maio do 1995, gañou o "WORLD MUSIC AWARD", que é considerado coma o Grammy europeo, por ser a cantante italiana que máis discos vendeu en 1994.
  • O 18 de maio de 1995, gañou o premio “Lo Nuestro” como “Revelación latina do ano”. Este premio, otorgado en Miami, é considerado coma o Grammy Latino.
  • O 10 de outono de 1995 , o Goberno Italiano, mediante o seu envaixador en en España, entregóulle no "Istituto di Cultura Italiana" de Madrid, un premio por sela primera cantante extranxeira que, co seu disco debut, acada o millón de copias vendidas, e pola sua contribución á cultura italiana en España.
  • O 11 de Santiago de 1996, en Bruxelas, Laura Pausini recibe el "F.P.I. Platinum Europe Award" como recoñecemento as suas altas vendas en Europa.
  • Además, recibiu: 11 discos de platino en España; 10 discos de platino en Italia; 6 discos de platino en Holanda; 4 discos de platino en Chile; 3 discos de platino en México; 2 discos de platino en: Estados Unidos, Suiza, Portugal, Bélxica, Brasil e Colombia; 1 disco de platino en: Guatemala, Bolivia, Paraguai e Uruguai; 2 discos de platino en: Arxentina; e un disco de ouro en : Francia e Venezuela.


No seu último álbum, o cuarto xa, Laura sustitúe a case que tódolos compoñentes principais da súa xesta. Agora Alfredo Cerruti Jr. pasaría a tomar posesión do Management de Laura, acadando así o seu corazón. Neste último disco, Laura amosa un medramento profesional, con cancións máis "maduras", e tamén algunha composta por ela, ou axudada a compoñer. Neste último traballo, participaron artistas de renombre internacional, como podan serNathan East e Steve Ferrone, e a orquestra sinfónica de Londres foi a que tocou en "Lo siento" (sintoo). O pistoletazo de saída para este álbume tivo un lugar: Milán, e unha data: o 12 de Setembro. Dende Milán, Laura proxectou o seu disco a 32 países con cada unha das súas versións: Portugués, Castelán e Italiano. En marzal do 97, Laura inicia o "WORLD WIDE TOUR". Xira de concertos que pasou por Galiza, na coruña, e coido que en Vigo ou Santiago tamén. Se a alguén lle interesa a composición do último disco, teño unha páxina, en castelán, xa que está directamente baixado do Web Oficial de Laura Pausini, e que ao mellor lle interesa. Trátase do documento "Las cosas que vives"


Vida Persoal  |  Carreira  |  Curiosidades  |  Os discos  |  Letras  |  Wav files  |  Miscelánea  |  Links  |  Concertos  |  Últimas novas |  IRC |  Discusións |  I love LP |  Mensaxes |  Colaboracións |  LP Official |  As súas fotos |  Suxerídeme |  ¡Este son eu! |  Agradezo a... |